{"product_id":"eroski-paraiso","title":"Eroski Paraíso","description":"\u003cp\u003eEroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante a toda présa. Unha maneira coma calquera outra para retratar o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala,dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria . [Fragmento do limiar de Xesús Ron: O estado de benestar desde o lado da sombra] Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros de 1972 a 1990 e que despois converteuse nun supermercado Eroski. Este feito repítese en numerosas vilas e cidades onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización foron virando en lugares de consumo.\u003c\/p\u003e","brand":"Libroide","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":56056524603736,"sku":"9788413433851","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0932\/7709\/4232\/files\/978841343385.jpg?v=1761596944","url":"https:\/\/libroide.com\/products\/eroski-paraiso","provider":"Libroide","version":"1.0","type":"link"}